Internámonos na «Balea» de Federico Fernández e Germán González, no Lendo Contigo de febreiro

Na sesión de febreiro achégase ao Lendo Contigo Balea, de Federico Fernández e Germán González (Kalandraka), obra que obtivo a mención do xurado do VII Premio Internacional Compostela de álbum Ilustrado. Trátase dunha proposta difrente, un álbum ilustrado que nos presenta un artefacto mecánico con forma de balea e habitado por pequenos seres diminutos. Se observamos o que ocurre no interior, poderemos ver as actividades que realizan estas personaxes e outras moitas curiosas situacións.
Contaremos coa presenza dun dos seus ilustradores, Federico González, que nos amosará unha proposta ao redor da obra. Por outra banda, convidamos a todos os nenos e nenas que asistan á sesión a que, como é Entroido, acudan á cita vestidos como os personaxes de Balea, pois pode ser que saiamos á superficie para sorprender os seres que habitan nela.
Lembrade que a sesión é o sábado 25 de febreiro, ás 12:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar. Vémonos alí!
O pasado mes de xaneiro celebramos a primeira sesión do ano co libro Valados, de Agustín Fernández Paz (Xerais). Nela, falamos dos diferentes muros e valados que existiron e que aínda existen no noso mundo, e das consecuencias que isto provoca. Tamén realizamos un percorrido do paso de Agustín Fernández Paz polos diferentes clubs de Espazo Lectura, comezando pola propia inauguración do club Lendo Contigo coa obra Un tren cargado de misterios (Xerais). E é que Agustín estivo presente en moitas ocasións e foi o padriño de Espazo Lectura, polo que a súa pegada é imborrable e a súa mensaxe, permanente.
Aproveitamos tamén a proximidade co Día da Non Violencia e a Paz para pendurar da árbore da biblioteca pequenas mensaxes cargadas de desexos de Paz, desexando que pronto se fagan realidade.