Princesas que xa non esperan polo seu príncipe, na Casa da Lectura

A Casa da Lectura acolle este mércores 8 de novembro, unha nova sesión de dinamización lectora. Nesta ocasión poremos en cuestión os estereotipos de xénero dos contos clásicos, cunha divertida sesión na que as princesas non son o que poidan parecer. Leremos Cincenta e as zapatillas peludas e Brancaneves e os 77 ananiños, dous divertidos contos de Davide Cali e Raphaëlle Barbanègre, editados por Xerais.
A actividade comeza ás 18:00 horas e dende media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.
Na sesión do mércores 18 d eoutubro a Casa da lectura, cun tempo de verán, encheuse de bruxas e cabazas. Chegaron da man de Cris Jácome, que se estreou como contadora cunha fantástica e fantasmagórica sesión de Samaín. Escoitamos os contos Corre, corre, cabaciña; Carabuñas e A cociña da bruxa, nunha Casa da Lectura ateigada de público. Logo de contar os contos fixemos monicreques de bruxas e cabazas e rematámola cun doce chupachup-fantasma co que nos agasallou a contadora. Estas son as fotos dese día:

Casa da Lectura, 2017/10/25