O ano 2009 serviu para consolidar gran parte das actividades que Espazo Lectura botou a andar apenas un ano antes (coa excepción do Contomar, sesións de contacontos que foron o xermolo da nosa asociación), e tamén foi o ano en…
Mes Decembro 2009
Os clubs de lectura de Espazo Lectura
Durante o mes de decembro celebráronse as sesións mensuais dos tres clubs de lectura que Espazo Lectura organiza. Club de Lectura Sete VidasO día 1 de decembro, primeiro martes de mes, na Biblioteca de Gondomar o Club de Lectura Sete…
Concha Costas fala sobre o libro e a lectura no Diario Cultural da Radio Galega
A presidenta de Espazo Lectura, Concha Costas, participou esta tarde nunha tertulia do programa Diario Cultural da Radio Galega centrada nos libros e nos lectores e lectoras con motivo da declaración de 2010 como Ano do Libro e a Lectura.…
Última sesión de 2009 do Contomar co espectáculo “Os Bolechas”
Este próximo luns 21 de decembro o Contomar de Espazo Lectura despídese até o ano 2010 cunha sesión moi especial. Ás 18:00h, o auditorio Lois Tobío (Gondomar) acollerá unha función do espectáculo de monicreques e música Os Bolechas a cargo…
“A mAgA dAs pAlAbrAs” Elvira Riveiro estará con nós no Lendo Contigo
O vindeiro sábado 19 de decembro, ás 12.00 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar, a poeta Elvira Riveiro estará connosco para participar na última sesión do ano 2009 do Club de lectura compartida Lendo Contigo. O libro proposto nesta ocasión…
Este mércores, na Casa da Lectura, unha sorpresa moi doce…
Actualización 16/12/09: informamos de que a actividade na Casa da Lectura celebrarase tal e como estaba previsto, malia o anuncio feito pola Consellaría de Educación de suspensión das clases. Este mércores, 16 de decembro, na Casa da Lectura, terá lugar…
O martes 15 de decembro, Club Lecturas Debuxadas
Este martes 15 de decembro, ás 20.00 horas, na Biblioteca de Gondomar, temos un novo encontro do Club Lecturas Debuxadas. Este mes, o cómic do que imos falar é o manga Ikigami 1 (Panini Comics) do autor xaponés Motorô Mase.…
Este luns, Contomar, e o luns 21 despedida do ano cun espectáculo sobre Os Bolechas
Este luns, coma cada semana, temos unha nova cita coa actividade pioneira de Espazo Lectura, o Contomar: sesións de contacontos para nenos e nenas de máis de 3 anos nas que é un grupo de nais e pais dos propios…
Maxia na Casa da Lectura
Esta semana, a actividade da Casa da Lectura xirará arredor de contos sobre maxia e magos, como Mago goma. Ao final, os nenos e nenas aprenderán a facer un truco de maxia. A encargada da actividade é Irene Silva.Coma sempre,…
Nova sesión de contacontos
Hoxe, xoves 3 de decembro, dentro das actividades de Espazo Lectura a en colaboración cos centros de ensino do Val Miñor, Rosana Estévez e Concha Costas van realizar unha sesión de contacontos no colexio de Peitieiros (Gondomar). A semana pasada,…