“8 días sen Eva Cortés” no Sete Vidas

O vindeiro xoves  2 de febreiro, xuntarémonos no Sete Vidas pra comentar  “8 días sen Eva Cortes” de Sara Vila publicada pola editorial Galaxia. A obra foi recoñecida co premio de narrativa Illa Nova 2021.

Sara Vila

A desaparición dunha rapaza en Pontevella sacode a cidade mentres a prensa local comeza a furgar na súa vida familiar e nas relacións persoais. Moitos prexuízos sociais pesan sobre Eva Cortes: ser muller, pertencer a unha familia humilde e frecuentar aplicacións de contactos. Na redacción do Correo de Pontevella non desperdician ningunha información morbosa, aínda que Antía Ubeira non estudase xornalismo para facer dun suceso tan tráxico unha noticia sensacionalista. O seu xefe só pensa en vender xornais, mentres ela se enfronta cada día aos seus principios. O diario de Eva Cortes, as novas do suceso no xornal e a visión de Antía son as tres voces que narran esta novela trepidante.

Será ás 20:00 h na Biblioteca Municipal de Gondomar e contaremos coa presenza da autora.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *