banda_dos_cueiros-730x487

A Banda dos Cueiros é unha banda de música infantil que naceu das actividades de Espazo Lectura cun proxecto musical que se enmarca dentro do proxecto de fomento da lectura da asociación. Nacido ao abeiro da actividade Contos en Cueiros no ano 2013, aínda que nun comezo o seu repertorio se restrinxía a temas para bebés de 0 a 3 anos, pouco a pouco foron abrindo o espectro de idade e na actualidade as pezas que interpretan cobren un abano que vai dende os 0 ata os 7 anos, aproximadamente.

CDCueirosA Banda dos Cueiros recolleu o seu traballo nun libro-disco  que foi gravado en Ancestral Estudios Musicais (Xustáns, Ponte Caldelas) e mesturado no Estudio A Lagharteira (Arcade). As ilustracións do libro foron realizadas por David Rodríguez. No disco recóllense temas de composición propia, versións actuais de melodías xa clásicas, adaptacións musicais de contos e poemas da literatura infantil e xuvenil galega, reinterpretacións de cancións e ladadíñas da tradición oral… As pezas empregan basicamente o galego, pero tamén o inglés, italiano, alemán, portugués…

O disco está organizado en catro bloques temáticos (as rutinas, os afectos, os animais e as partes do corpo) e pretende ser unha ferramenta lúdica e didáctica que contribúa ao desenvolvemento das nenas e dos nenos.

A Banda dos Cueiros está formada polas seguintes persoas:

  • Sabela Salgueiro: voces.
  • Anxo Iglesias: voces.
  • Pablo Rial: acordeón e frautas.
  • David Rodríguez: guitarra eléctrica.
  • Félix Rodríguez: percusións.
  • Xosé Manuel Moo: frautas, bombo e voces