“A conta atrás” en Banda á Feira

Hai vinte anos, a catástrofe do Prestige causou un inmenso desastre ambiental nas costas galegas. O tratamento político, mediático e social durante a crise quedou gravado para sempre no noso recordo e «A conta atrás» de Carlos Portela e Sergi San Julián fainos revivilo de forma crúa e directa.

De todo isto e de moito máis falarán en Banda á Feira coa oceanógrafa Susana Bastón nunha charla con «A conta atrás» como guía e lectura recomendada.

Non o perdades, o próximo 20 de xaneiro na Asociación de Veciños do Calvario (Avda. Ramón Nieto, 58) ás 20:30h.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *