«A falta de pan, bos son contos», espectáculo a cargo da contadora Atenea García, este luns na Casa da Lectura

O luns 24 de abril, ás 18:00 horas, a Casa da Lectura acolle unha sesión especial de contacontos dentro da programación da Semana da Reivindicación Lectora que Espazo Lectura está a desenvolver con motivo da celebración do Día do Libro.

Trátase do espectáculo «A falta de pan, bos son contos», de Atenea García, actriz e contadora da compañía Xarope Tulú. A actividade esta destinada a público familiar e a entrada é de balde.