00_Fogueira_versos_Cabeceira

Día: noite do 23 ao 24 de xuño
Hora: 21:00 horas
Lugar: Casa da Lectura
Coordinadores: Xosé Manuel Moo e Xoán Cruz

Na noite do 23 ao 24 de xuño, Espazo Lectura celebra na Casa da Lectura a tradicional entrada do solsticio de verán, a das fogueiras de San Xoán, cunha actividade en que xuntamos poesía, lume e maxia ou contos: A fogueira dos versos.

A sesión, que toma prestado o nome dun poemario de Antonio García Teijeiro, comeza con música a partir das 22:00 h. A partir desa hora dá comezo unha cea ao aire libre que se realiza coas achegas gastronómicas traídas polos asistentes, que se poñen en común.

Posteriormente iníciase unha lectura de poemas arredor dunha pequena fogueira, na cal as persoas que o desexen len versos de distintos autores ou autoras, versos que, logo de lidos, se botan ao lume. A continuación a noite remata cunha actuación a cargo dun contacontos, narrador oral ou mago. Inaugurada en xuño de 2009, as actuacións desta actividade, desde entón, estiveron a cargo de Santi Prego, Cándido Pazó, Avelino González e o Mago Cali.