A lectura centrará a sesión da Casa da Lectura deste mércores

Unha reflexión sobre a lectura e a súa importancia pensada para os máis cativos. Por que lemos? Para que lemos? Na vindeira sesión da Casa da Lectura (tentaremos buscar algunhas respostas a estas preguntas. A sesión comezará coa lectura do conto «O incrible neno devorador de libros», de Oliver Jeffers (publicado por Patasdepeixe editora). Logo preguntarémonos polos motivos que nos levan a ler, que poden ser do máis variado e imaxinativo que queiramos. E, finalmente, cantaremos ao son dunha canción de amor aos libros e ás bibliotecas e, con seguridade, identificarémonos con ela.

A cita é o mércores 8 de outubro ás 18:00 horas. A partir das 17:30 atenderase o servizo de préstamo de libros.

Deseguido pódese ver a galería fotográfica da sesión inaugural a cargo de Paco Nogueiras e o seu libro-disco Brinca vai!