A sesión de decembro do Lendo Contigo celébrase no CEMMA, onde estaremos acompañados de Tokio e a súa obra «Gol»

O Lendo Contigo despide o ano coa banda deseñada «Gol, aventuras no mar», de Tokio (Demo Editorial). Nesta ocasión gozaremos con Gol, un golfiño que nos transmite unha mensaxe ecolóxica e de respecto ás especies mariñas. Ademais, a sesión será nun lugar especial: o CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños), en Nigrán. Agardámosvos o sábado 15 ás 12.00h no CEMMA!

O pasado mes de novembro visitounos a escritora María Canosa para falarnos de «Muriel» (Xerais). Coñecimos este marabilloso personaxe e toda a aventura que o rodea, e tivemos a oportunidade de escoitar, na voz da autora, algunhas curiosidades do seu proceso de escrita. Aquí van as fotos deste día:

Lendo Contigo 2018/27/11