Ábrese o prazo de inscrición para a Acampada Lectora

Na noite do sábado 26 ao domingo 27 de maio de 2018 Espazo Lectura vai organizar, na Casa da Lectura, a primeira edición da Acampada Lectora, que este ano vai estar ambientada no circo e na que van colaborar como monitores e monitoras os membros do Comando Le de Espazo Lectura. Poderán inscribirse nenos e nenas que estean cursando este ano Educación Primaria e que participasen ao longo do curso nas distintas actividades infantís de Espazo Lectura (Casa da Lectura ou club de lectura compartida Lendo Contigo), ou sexan fillos e fillas de persoas asociadas a Espazo Lectura.

Para inscribirvos podedes enviar un correo a espazolectura@gmail.com. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. O prazo para incribirse remata o xoves 10 de maio. Logo de enviar a vosa solicitude, debedes agardar unha confirmación da praza.