Ábrese o prazo de inscrición para a VII Noite na Biblioteca

Na noite do sábado 24 ao domingo 25 de maio de 2014 Espazo Lectura vai organizar na Biblioteca Municipal de Gondomar a VII Noite na Biblioteca, con actividades que este ano estarán dedicadas ao poemario Abrapalabra, de Antón Cortizas e Carlos Coira, con ilustracións de Jacobo Fernández Serrano. Poderán inscribirse nenos e nenas que estean cursando este ano Educación Primaria e que participasen ao longo do ano nas distintas actividades infantís de Espazo Lectura (Contomar, Casa da Lectura ou club de lectura compartida Lendo Contigo) ou sexan fillos e fillas de socios/as de Espazo Lectura.

Para inscribirse, cómpre mandar un correo electrónico a espazolectura@gmail.com ou chamar ao 619292991. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. O prazo para inscribirse remata o luns 19 de maio de 2014. Logo de enviar a solicitude, débese agardar unha confirmación da praza.

Os nenos e nenas que participen chegarán á biblioteca entre as 21:30h e as 22:00h, logo de cear. Deben traer saco de durmir, un pixama, unha muda e as súas cousas de aseo. Como veñen á biblioteca despois de cear, non teñen que traer nada de comida xa que do almorzo se encarga Espazo Lectura. Abonda con que traian moitas ganas de divertirse e de pasalo ben lendo e xogando cos poemas de Abrapalabra e coa maxia de Carlos Coira.