Achegámonos á pintura de Matisse, na Casa da Lectura

Cunhas tesoiras, Matisse achegouse ao ceo coma ninguén. As formas, os paxaros, o xardín… encherán de maxia a Casa da Lectura na sesión de dinamización lectora deste mércores, 2 de outubro, que dará comezo ás 18:00 horas. Media hora antes, como é adoito, a Casa da Lectura estará aberta para atender o servizo de préstamo bibliotecario.
O mércores pasado, o equipo coordinador desta actividade preparou unha lúdica sesión cun xogo da oca xigante, de conto! Picando aquí pódese acceder ás imaxes dese día.