Actividade semanal na Casa da Lectura

A Casa da Lectura (Nogueira, 8 – Donas) acolle este mércores unha nova sesión de dinamización. Da man de Bea Pereiro, unha das mestras de Infantil do CEIP Souto-Donas, achegarémonos ao conto A casiña de chocolate, ao tempo que se vai preparando unha casiña de chocolate que, ao remate da sesión, os nenos e nenas poderán comer.
A sesión será ás 18:30h, aínda que a Casa da Lectura permanecerá aberta desde as 17:30h para todas as nais e pais que queiran achegarse antes para ler algún conto cos seus fillos e fillas.
Nas imaxes, pódese ver varios momentos da actividade da semana pasada.