“Bos días! Boas noites!”, un conto sensorial sobre as rutinas diarias para o primeiro Contos en Cueiros da tempada

O próximo venres 28 de novembro, ás 18:00 h, terá lugar o primeiro encontro de Contos en Cueiros da tempada 2014-2015, que será na Biblioteca de Gondomar. Trátase dunha sesión centrada nas rutinas que leva por título “Bos días! Boas noites! Un conto sensorial sobre as rutinas diarias”. Contamos cun aforo limitado a 25 bebés acompañados de 1 adulto. Os criterios de inscrición son os seguintes:

 – Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

  • o nome do bebé
  • o ano denacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2012 ou antes
  • o nome da persoa adulta que o vai acompañar
  • un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
  • en caso de ser socios/as, facilitar o nome do socio/a

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición: xoves 27 de novembro ás 12:00 h do mediodía.

contos_en_cueiros_2014_11_28