“Cabalo baio, xinete pálido” no Sete Vidas

O próximo xoves 3 de novembro o Sete Vidas reunirase para falar da obra Cabalo baio, xinete pálido, da autora estadounidense Katherine Anne Porter, traducida por Celia Recarey (Irmás Cartoné).

Cabalo baio, xinete pálido reúne tres novelas breves de argumento independente, mais percorridas por temas comúns: o peso do pasado, a ausencia de futuro e as súas traxedias. A terceira, que dá título ao libro, está inspirada na propia experiencia da autora, que estivo a piques de morrer de influenza en 1918.
Será ás 20:00 h na Biblioteca Municipal de Gondomar.

Contaremos coa presenza da tradutora.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *