Caixas e máis caixas na Casa da Lectura

Na sesión de dinamización lectora do mércores 4 de marzo na Casa da Lectura haberá caixas e máis caixas… Xogaremos con elas, contaremos historias e gardaremos cousas importantísimas nelas… A actividade está destinada a nenos e nenas a partir de 3 anos e ás súas familias, e comeza ás 18:00 horas.

Na sesión do mércores pasado, contamos os contos Que che gustaría ser? (Kalandraka) e Nariz de ouro (OQO) para os 30 nenos e nenas que nos acompañaron, os cales marcharon para a casa cun nariz como o de Eduardiño, que decoraron ao seu gusto porque non hai dous narices iguais. Estas son as imaxes dese día.