Cando os animais saen dos poemas, na Casa da Lectura

Os animais son protagonistas habituais dos contos. Neles, os animais viven, falan, contan, teñen amigos ou loitan por sobrevivir. E no poemas? Pois na poesía tamén. Aínda que estamos menos afeitos a ler e escoitar poemas, os animais tamén poboan os versos. Este mércores 6 de abril, na Casa da Lectura, teremos unha chea de versos de animais: o elefante, o gato, o can, o pato, a xirafa, a bolboreta, a abella ou o polbo sairán dos poemas para darlle vida á poesía. Logo, no obradoiro, encheremos os animais de palabras!
A sesión comeza ás 18:00 horas e media hora antes aténdese o servizo de préstamo de libros.
Na sesión da semana pasada contáronse tres contos: “Un libro“, “De cores e de amores” e “Aquiles o puntiño“. Despois de escoitar atentamente cada neno e nena fixo o seu propio Aquiles con círculos, cadrados, rectángulos e triángulos. Estas son as imaxes dese día.