O sábado 26 de novembro celebramos unha nova sesión no Lendo Contigo coa presenza da actriz, contadora e escritora Charo Pita, autora da obra proposta nesta ocasión: Oxalá estiveses aquí (Galaxia). A sesión terá lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar ás 12:00h, agardámosvos!
Na sesión do mes pasado, iniciamos a tempada coa obra Quen dá a quenda?, de Héctor Cajaraville, obra finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil do ano 2015. A sesión estivo marcada pola maxia e incluso houbo novos esconxuros que pode que nos sexan moi prácticos nalgún momento da nosa vida. Por suposto, tamén contamos coa presenza do autor, que contestou a todas as pequenas inquedanzas dos lectores e lectoras.