Chega o teatro ao club de lectura compartida Lendo Contigo

Como ven sendo habitual nas tempadas do Lendo Contigo, adicámoslle o mes de abril ao teatro. Nesta ocasión a obra proposta é Lobísimo do saco. Tres titiritadas, de Bernardino Graña (Galaxia).
Contaremos coa presenza de Voltereta e Volvoreta, que nos convidarán a uns petiscos teatrais para meternos de cheo nestas magníficas historias.
A sesión será o sábado 30 de abril, ás 12:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar. Agardámosvos!

Na sesión de marzo celebramos a poesía con Poemas bestas e outros bechos, de Leire Bilbao (Kalandraka).
Compartimos os nosos poemas favoritas e incluso tivemos a sorte de escoitar poemas creados para esta sesión!
Aquí tedes as imaxes desta sesión:
Lendo Contigo 26/03/2022