portada
Club de lectura sobre narrativa (novelas e relatos)
Data: primeiro xoves de cada mes
Hora: 20:00 horas
Lugar: a Casa da Lectura como lugar de referencia, xunto con outros espazos públicos de Gondomar
Idades: adultos
Coordinación do club: Rita Fernández, Diego Atanes e Víctor Pérez
O club de lectura Sete Vidas está formado por un grupo permanentemente aberto e heteroxéneo de persoas ás que lles prace a narración escrita e deciden reunirse para compartir a lectura proposta polo equipo coordinador unha vez ao mes, sen ningún tipo de obrigas nin compromisos. Habitualmente, durante a primeira hora o grupo debate sobre o libro, e na segunda hora (a partir das 21:00h) adoita incorporarse o autor ou autora (e, no seu caso, o tradutor ou tradutora) para falar da obra elixida coas persoas asistentes e intercambiar opinións e impresións.
Para participar non é necesario ser un lector ou lectora experimentado; soamente hai que gozar da lectura ou querer descubrir que a lectura nos abre as portas para vivir sete vidas e ter ganas de compartir esa experiencia con outras persoas.
A primeira sesión deste club desenvolveuse en novembro de 2008, coa novela Así nacen as baleas, da escritora Anxos Sumai.
Ata o de agora léronse libros, entre outros autores e autoras, dos seguintes: Iolanda Zúñiga, Antón Riveiro Coello, Gonzalo Navaza, Miguel Anxo Murado, John Berger, Marcos Calveiro, Xurxo Borrazás, Rosa Aneiros, Arto Paasilinna, Diego Ameixeiras, Begoña Caamaño, Blanco Amor, Domingo Villar, Manuel Portas, Alberto Lema, Cid Cabido, An Alfaya, José Luis Prieto, Xosé Neira Vilas, Santiago Lopo, Xulia Alonso, Agustín Fernández Paz, Philippe Claudel, Miguel Anxo Fernández, Marica Campo, Xavier Queipo, Víctor Freixanes, Pedro Feijoo, María Xosé Queizán, Jim Thompson, Rexina Vega, María Reimóndez, Dolores Redondo, Chinua Achebe, Puri Ameixide, Berta Dávila, Paul Auster, Xurxo Souto, Vilar Landeira, Núñez Singala, Mercedes Leobalde, Iglesias Turnes, Fran P. Lorenzo, Manuel Janeiro, Héctor Cajaraville, Álex Alonso, Xabier Quiroga, Inma López Silva, Daniel Asorey, Siri Hustvedt, Carlos Casares, Francisco Coimbra, Ramón Caride, Edith Wharton, Chimamanda Adichie, Antía Yáñez, Ledicia Costas, Ana Cabaleiro, Mary Shelley, Margaret Atwood, Xosé Manuel Vega, Susana Sánchez Arins, Isabelle Alonso, Kenneth Cook, Eduard Velasco, Berta Dávila, Christina Lilliestierna…
Para saber máis diríxete a: setevidas.el@gmail.com