Comeza a nova tempada do Comando Le

Este sábado 23 de outubro terá lugar a primeira sesión da tempada do Comando Le, o grupo de activismo cultural de Espazo Lectura para rapaces e rapazas de máis de 12 anos. A sesión, que se celebrará entre as 20:00h e as 22:00h no Centro Neural de Gondomar, servirá para presentarlles a actividade e as propostas previstas aos comandoleiros e comandoleiras, sobre todo a aqueles que asistan por primeira vez, e incluirá tamén como peche unha intervención poética: Desfago o espazo que ocupa a miña vista, a cargo da poeta Nuria Vil.

Durante o desenvolvemento da actividade respectaranse as medidas sanitarias vixentes e as persoas asistentes deben usar máscara de protección.