Comeza unha nova tempada no Lendo Contigo

O sábado 22 de outubro o club de lectura compartida Lendo Contigo celebra a primeira sesión desta tempada. Para a ocasión o libro proposto é Patio de Luces, de Érica Esmorís (Xerais), que nos visitará para falar de Lea e dos seus veciños e veciñas deste patio de luces tan especial.
A sesión será o sábado ás 12:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar. Agardámosvos!

Deixámosvos as imaxes da sesión de fin de tempada do mes de xuño na área de lecer Lago do Lapido, en Morgadáns, que xirou arredor do libro Desde unha estrela distante, de Agustín Fernández Paz (Xerais), e na que contamos coa asociación Astronómica de Vigo, coa que realizamos unha observación do ceo.
Lendo Contigo 10/06/2022

administrador
administrador
Artigos: 9