Con cans e gatos na Casa da Lectura

O mércores 21 de maio a Casa da Lectura acolle unha nova sesión de dinamización lectora para nenos e nenas a partir de 3 anos. Nesta ocasión, a a ctividade xirará arredor dos gatos, e dos cans. Leremos os contos O cascabel da gata, O gato lambón e Amelia quere un can e levaremos unha divertida proposta plástica para completar a actividade.

A sesión comeza ás 18:00 horas e media hora antes aténdese o servizo de préstamo de libros.

Estas son as fotos da sesión pasada, arredor do conto Sementes de papel.