Contomar, este luns 24 de xaneiro

O próximo luns 24 de xaneiro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos.

Pregamos que, por favor, acuda unha única persoa adulta por unidade familiar, a excepción das contadoras e contadores que poderán acudir dous por unidade.

Na sesión anterior contamos:

Cando chove (Kalandraka).

Sopa verde (OQO).

Renato (Kalandraka).

As manoplas de carapuchiña (OQO).

Deixámosvos a continuación algunhas imaxes dese día:

Contomar 17.01.22