«Contos animados», na sesión de xaneiro de Contos en Cueiros

O venres 27 de xaneiro ás seis da tarde celebrarase a sesión mensual de Contos en Cueiros na Biblioteca Municipal de Gondomar.

Criterios de inscrición

Contamos cun aforo limitado a 25 bebés acompañados de 1 adulto. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

– o nome do bebé
– o ano denacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2014 ou despois
– o nome da persoa adulta que o vai acompañar
– un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
en caso de ser socios/as, o nome do socio/a

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición: MÉRCORES anterior á sesión ás 12:00 h do mediodía.

A sesión do mes pasado titulouse “Contos ás escuras”. Nesa ocasión escurecemos a biblioteca para contar tres contos: dous deles utilizando a luz negra e un máis proxectando sombras. Con luz negra contamos, primeiro, “A que sabe a lúa?” Despois contamos “Nadarín” mentres debuxamos personaxes da historia que se ían iluminando sobre fondo negro. Por último, proxectamos e narramos un conto de sombras mentres Pablo, da Banda dos Cueiros, tocou unha peza co acordeón. Para rematar, deixamos que os bebés xogasen libremente iluminados coas luces negras. Para iso, enchemos o chan de tiras de papel branco e outros elementos fluorescentes que se iluminaban con esas luces. Estas son as imaxes dese día: https://goo.gl/photos/sGM2TNBLWYU6aRbVA