Contos da Lúa na Casa da Lectura

Este mércores, na sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura, dedicarémoslle unha sesión á Lúa. Leremos contos como «Paco» ou «Lúa» e despois faremos un obradoiro baseado neles. A sesión será este mércores 7 de decembro ás 18:00 horas. O servizo de préstamo comeza ás 17:30 horas.

Na sesión do 30 de novembro, aproveitando que o día 3 de decembro se celebraba o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, visitaron a Casa da Lectura catro mestras do centro Juan María de Nigrán, que ten a misión de mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias. As catro mestras, Ángeles, Raquel, Sabela e Silvia, contáronnos o conto «Os músicos do Val Miñor», un disco-conto que elaboraron conxuntamente o centro Juan María e o IES Escolas Proval.

Nesta ligazón podedes ver as fotos dese día. Grazas, magnífico equipo do Juan María!

https://goo.gl/photos/VNube8sCmcMWQmR67