Contos de bruxas, na Casa da Lectura

Este mércores 8 de febreiro, na sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura leremos contos de bruxas. No obradoiro posterior aos contos, construiremos unha bruxa coa súa vasoira.

A actividade comeza ás 18:00 horas e media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.

A semana pasada, Yaiza e Estela viñeron contar tres contos: Violín, Sopra neste furadiño e A cebra Camila,  e trouxeron tantos instrumentos que todos quedamos cos ollos abertos… : violín, tambor, trompeta, pau de chuvia, tuba, catro campás, palmas, un paxariño e unhas culleres de madeira, axóuxeres, birimbao, buguina e unha melódica que soaba igual que as bágoas de Camila. Amais de todos estes instrumentos, tamén escoitamos a chuvia, a auga e o vento. Ao rematar, ensináronnos a facer un viraventos para aproveitar que fóra non deixaba de soprar. Aquí pódense ver as fotos dese día: https://goo.gl/photos/hGGhLPviDMLRz1HY9