Contos e arte, na sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura

Este mércores 11 de outubro, a partir das 18:00 horas, comezamos coas sesións semanais de dinamización lectora na Casa da Lectura, levadas a cabo co equipo de voluntarios e voluntarias. Nesta ocasión, leremos os contos Viaxar en pixama e O artista que pintou un cabalo azul e logo faremos un obradoiro artístico.
A nova tempada dos mércores na Casa da Lectura inaugurouse a semana pasada coa sesión especial a cargo de Bea Campos e Paulo Medal, de Migallas Teatro, que encheron de contos e música o exterior da Casa da Lectura.
Aquí pódense ver as fotos dese día: https://www.flickr.com/photos/151812608@N02/albums/72157687486754584