Contos e tecnoloxía, na Casa da Lectura

A sesión de dinamización lectora deste mércores, 18 de xaneiro, vai vir cargada de tecnoloxía. Leremos “Pájaro amarillo”, “Quiero una mamá robot” e “O neno que tiña medo dos robots/ o robot que tiña medo dos nenos”. Logo, no obradoiro, os nenos e nenas que se acheguen á Casa da Lectura fabricarán o seu propio robot. A sesión comeza ás 18:00 horas e media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.

Na sesión da semana pasada, que inaugurou o ano 2017, contamos contos sobre desexos e agasallos. Despois, convidamos os nenos e nenas a que escribisen un desexo, empaquetamos todos os desexos, remexémolos para intercambialos entre todas e todos e repartímolos de novo. Cada neno e nena marchou da sesión cun desexo pensado por algún compañeiro ou compañeira. Estas son as fotos da sesión: https://goo.gl/photos/h3hwX4gZn2KQT746A