Contos en Cueiros: 2º pase do conto sensorial “Oso busca un lugar onde durmir”

Contos en Cueiros repite este venres, 17 de xaneiro, a dramatización do conto sensorial “Oso busca un lugar onde durmir”, que xa se realizara o 22 de novembro pasado, coa vontade de dar cabida á gran demanda coa que conta esta actividade.

O novo encontro terá lugar o venres 17 de xaneiro, ás 18:00 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar.

– Como se trata dun 2º pase, terán prioridade, por esta orde, os socios/as e as familias que, nos dous casos, non fosen á anterior sesión.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo a espazolectura@gmail.com e facilitar o nome do bebé (de 0 a 3 anos), o da persoa adulta que o vai acompañar e un teléfono de contacto. En caso de ser socios/as, cómpre facilitar o nome do socio/a.

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición: xoves 16 de xaneiro ás 12:00 h do mediodía.

contos_en_cueiros_17xaneiro_2014