Contos sobre a amizade, na Casa da Lectura

A sesión de dinamización lectora deste mércores, na Casa da Lectura, xirará arredor da amizade. Contaremos os contos Ser amigos e Amigos de lata e proporemos unha boa maneira de afianzar as nosas amizades. A actividade é o mércores 9 de abril a partir das 18:00 horas na Casa da Lectura.

Estas son algunhas imaxes da sesión da semana pasada, dedicada ao autor e ilustrador Leo Lionni.