Convertémonos en Loboferoz na Casa da Lectura

Este mércores, 26 de marzo, na sesión de dinamización lectora, a Casa da Lectura converterase nun taller de conto: paisaxes, máscaras, música e personaxes sairán na procura da historia que imos contar. Construiremos e contaremos a historia de Loboferoz editada por OQO, meténdonos no conto! Anímaste a ser Loboferoz? Pois ven á Casa da Lectura a partir das 18:00h, ou media hora antes se queres facer uso do servizo de préstamo de libros.
Estas son as imaxes tomadas na sesión anterior.