Corochas, de Atenea García, en Contos en Cueiros

O próximo venres 17 de decembro, ás 18 horas, poderemos disfrutar da primeira sesión especial desta tempada dirixida aos máis pequenos da casa. Nesta ocasión contaremos co espectáculo “Corochas”, a cargo de Atenea García, que terá lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar, para nenos e nenas de 0 a 3 anos.

A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala. A entrada será, coma sempre, de balde e cumprindo coas medidas sanitarias de seguridade.

Criterios de inscrición

Contamos cun aforo limitado a 25 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores anterior á sesión a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

– o nome do bebé
– o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2018 ou despois
– o nome da persoa adulta que o vai acompañar
– un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
– en caso de ser socios/as, o nome do socio/a

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza.