Culturgal 2015, unha cita indispensable coa cultura

Recomendamos a visita ao Culturgal, a feira das industrias culturais de Galicia, que se celebra os días 4, 5 e 6 (venres, sábado e domingo) de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

As persoas que se acheguen a Pontevedra poderán visitar os stands de gran parte das industrias culturais galegas (libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías) e gozar dunha ampla programación cultural, para público adulto e infantil, que vai dende presentacións de libros e cafés literarios, a obras audiovisuais, teatro, recitais de poesía, concertos ou obradoiros.

Picando aquí podedes acceder á programación completa de actividades.