Culturgal 2017, décima edición do 1 ao 3 de decembro en Pontevedra

Recomendamos a visita ao Culturgal, a feira das industrias culturais de Galicia, que terá lugar os días 1, 2 e 3 (venres, sábado e domingo) de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra e que celebra este ano o seu décimo aniversario.

As persoas que se acheguen a Pontevedra poderán visitar os stands de gran parte das industrias culturais galegas (libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías…) e gozar dunha ampla programación cultural, para público adulto e infantil, que vai dende presentacións de libros a obras audiovisuais, teatro, recitais de poesía, concertos musicais ou obradoiros.

Aquí podedes acceder e descargar a programación completa de actividades: http://culturgal.com/wp-content/uploads/2017/11/Programa-CULTURGAL2017-A5-BAIXA-Res.pdf