Espazo Lectura: 15 anos fomentando a lectura en lingua galega

O 26 de xaneiro do ano 2008 constituíuse legalmente a Asociación Espazo Lectura en Gondomar. Todo botara a andar dous anos antes, en xaneiro de 2006, co Contomar.

Ao longo deste tempo teñen pasado mil cousas que xa case non somos quen de enumerar: clubs de lectura, actividades infantís, espectáculos, actos reivindicativos, visitas a bibliotecas e lugares relacionados coa lectura, encontros con autoras e autores, editoriais amigas, centros de ensino, librarías, premios, festas, etc…

Todo isto non tería sido posible sen o incansable traballo de todas as persoas voluntarias que, tempada tras tempada, teñen posto toda a ilusión para levar a cabo as diversas actividades, as socias e socios que economicamente sosteñen o proxecto, as editoriais socio-protectoras que son un apoio imprescindible para o noso labor e as diversas institucións públicas que son sensibles á necesidade de fomento da lectura en lingua galega.

Congratulámonos con todas e todos por este percorrido tan estimulante e satisfactorio e agardamos seguir contando con tantos apoios e proxectos nun futuro cheo de lecturas por compartir.

Moitos parabéns!!!!

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *