Espazo Lectura no Culturgal 2013

Do 29 de novembro ao 1 de decembro celébrase en Portevedra unha nova edición do Culturgal, a feira das industrias culturais galegas. Nesta ocasión Espazo Lectura contará cun stand propio para dar coñecer o noso proxecto. Ademais, o sábado e o domingo, un grupo de comandos lectores botarase aos corredores do Culturgal para facer asaltos poéticos entre os visitantes da feira.

BaMcATUCIAAhxW0

Espazo Lectura tamén colabora na programación do Culturgal 2013 organizando o encontro Xestionar a Lectura que terá lugar o domingo 1 de decembro, ás 12:00 horas na Sala de Conferencias Culturgal.

“Xestionar a lectura” é un encontro de responsables na xestión de clubs de lectura de distintos perfís cun dobre obxectivo: por unha banda, preténdese poñer en común os distintos proxectos existentes, interactuando para aproveitar ideas e sinerxias, e por outra banda preténdense analizar e debater as estratexias, as dificultades, os problemas, os rercusos e o financiamento, dando conta dos alentos e desalentos na difícil e gratificante tarefa de transmitir a conveniencia e o pracer da lectura.