Espazo Lectura prepara a nova tempada 2018-2019

O próximo mes de outubro Espazo Lectura dará comezo a unha nova tempada de actividades de fomento da lectura. A directiva da asociación e os equipos coordinadores das diferentes actividades xa están traballando no arranque do curso, polo que nos vindeiros días iremos ampliando a información sobre as datas de comezo dos diferentes clubs de lectura e a apertura da Casa da Lectura.