Este mércores van rodar cabazas na casa da lectura

Xa se está achegando o Samaín e na sesión de contos deste mércores 25 de otubro, na Casa da Lectura, rodarán cabazas. Cris Jácome vaise estrear como contadora cos contos  Corre, corre cabaciña, Carabuñas e A cociña da bruxa. Logo faremos móbiles de cabaza ou de bruxa e degustaremos uns deliciosos chupachups fantasmas. A sesión comeza ás 18:00 horas e media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.
A semana pasada vimos, a través dos contos, que as cousas non son o que parecen. Logo, inspirados polos contos, cadaquén elaborou a súa propia ilustración e realmente foi moi sorprendente ver as distintas solucións que se crearon. Aquí pódense ver as imaxes dese día.

Casa da Lectura, 2017/10/18