Este sábado, cine e literatura na sesión do Comando Le

Este próximo sábado 19 de decembro a Casa da Lectura acollerá a derradeira sesión do Comando Le no 2015, que comezará ás 20:00h e rematará, como é habitual, ás 00:00h, cunha pausa no medio para cearmos xuntos.

Achegarémonos de novo ao día a día das persoas con discapacidade, nesta ocasión a través da proxección dunha película e do coloquio sobre a novela La lección de August, de R.J. Palacio, que os comandoleiros e comandoleiras leron previamente. Imos contar novamente coa presenza de Miriam Aller, de Entresignos, intérprete de lingua de signos, educadora e mediadora, que traballa con persoas xordas e xordocegas.

Na sesión anterior xa fixeramos un achegamento á realidade das persoas con discapacidade a través do encontro e a conversa. Naquela ocasión, ademais de Miriam Aller, acompañárannos varias persoas que levan adiante o proxecto DisCamiño, grazas ao cal persoas con diferentes discapacidades poden realizar o Camiño de Santiago. Foi unha sesión intensa e moi interesante na que contamos coa presenza de Javier Pitillas, Gerardo Fernández, Ana Soage, Jose Varela, David Gil, Javier Fernández e Maxi Masip. A todos eles, grazas por achegárense á Casa da Lectura para compartir con nós dúas horas de conversa e experiencias. Estas son algunhas imaxes daquela sesión: