Este venres, 28 de febreiro, celebraremos unha nova sesión de Contos en Cueiros

Este venres, 28 de febreiro, celebraremos unha nova sesión de Contos en Cueiros. Nesta sesión gozaremos do Entroido en compañía do noso ben querido Elmer, o elefantiño multicolor.

A actividade comeza ás 18:00 horas na Casa da Lectura e precisa inscrición previa.

Criterios de inscrición:

Contamos cun aforo limitado a 15 bebés acompañados dunha persoa adulta. Os criterios son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores anterior á sesión a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

– o nome do bebé
– o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2017 ou despois
– o nome da persoa adulta que o vai acompañar
– un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
– en caso de ser socios/as, o nome do socio/a

Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición, o mércores anterior á sesión.