#euquedonacasa con… lecturas de Xerais

A fin de facilitar algunhas lecturas en galego que abran portas nestes días complicados, Xerais pon a disposición das familias e do profesorado catro títulos de literatura infantil e xuvenil (un por idade). Son catro atractivos títulos aos que se pode acceder en rede a través da plataforma ISSU. Un encantador libro para primeiros lectores/as do Hematocrítico; unha historia da entrañable personaxe Leopolda Diéguez, de Teresa González Costa, para lectorado a partir dos 8 anos; un orixinal e divertido libro de poemas de Antón Cortizas e unha das atractivas novelas da serie Dragal, de Elena Gallego, para público xuvenil, conforman esta iniciativa que se desenvolve baixo as etiquetas #Ábrelleaportaálectura, #Lenacasa, #Euleoengalego #Quedanacasa.