Mestres e mestras do CEIP Chano Piñeiro veñen contar ao Contomar

O luns 7 de abril, ás 18:00 horas, un grupo de mestras do CEIP Chano Piñeiro de Gondomar, socio protector de Espazo Lectura, vén contar ao Contomar e queremos agradecerlles a súa xenerosidade. Traerán unha fantástica selección de contos sobre gatos, para miañar cos nenos e nenas, e as súas familias, que se acheguen á biblioteca de Gondomar. Os títulos escollidos son Un gato na árbore, O cascabel do gato e Se eu fose un gato.

Estas imaxes foron tomadas no Contomar do luns pasado.