Falamos de «The black holes», de Borja González, na última xuntanza da tempada do Lecturas Debuxadas

O próximo martes 18 de xuño celébrase a última sesión do Club Lecturas Debuxadas da tempada, na que comentaremos «The black holes», de Borja González. A xuntanza será a partir das 20:00 horas na Casa da Lectura.
Tras as vacacións do verán regresarán as sesións do club de cómic de Espazo Lectura, con máis propostas diversas de banda deseñada.