Guía de lectura para a primeira sesión do Lendo Contigo

O club de lectura compartida Lendo Contigo, destinado a nenos e nenas de 6 a 11 anos e ás súas nais e pais, xa ten todo preparado para inaugurar a nova tempada xunto con Fausto Isorna, o autor e ilustrador de Golfiño e os invasores, a lectura proposta para o mes de outubro.
A partir de agora, as guías de lectura de cada sesión poderán tamén consultarse no blog como imaxe, para asegurarnos de que todas as familias poidan ter acceso a elas en calquera momento.
Lembrade, a primeira sesión será o sábado 22 de outubro, a partir das 12:00 da mañá na Biblioteca Municipal de Gondomar. A asistencia é libre e gratuíta.


Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *