Hoxe arranca o Culturgal 2018

Recomendamos a visita ao Culturgal, a feira das industrias culturais de Galicia, que terá lugar do 30 de novembro ao 2 de decembro (venres, sábado e domingo) no Pazo da Cultura de Pontevedra.

As persoas que se acheguen a Pontevedra poderán visitar os stands de gran parte das industrias culturais galegas (libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías…) e gozar dunha ampla programación cultural, para público adulto e infantil, que vai dende presentacións de libros a obras audiovisuais, teatro, recitais de poesía, concertos musicais ou obradoiros.

Aquí podedes acceder e descargar a programación completa de actividades:http://culturgal.com/programacion-culturgal-2018/