A portada

As nosas redes

Próximos eventos

Febreiro 2023
Feb 06
06 Febreiro 2023

Contacontos para nenos e nenas de 3 a 9 anos.

Feb 13
13 Febreiro 2023

Contacontos para nenos e nenas de 3 a 9 anos.

Contomar

Casa da Lectura

A Casa da Lectura permanece pechada por reformas.
Informarémosvos da súa reapertura!

Clubs de Lectura

07/12/2022No Lecturas Debuxadas despedimos o ano coa banda deseñada La Isla de Mayte Alvarado (Reservoir books). Os habitantes da illa viven baixo a ameaza de que, segundo un conto de mariñeiros, unha gran onda chegará un día para arrasar todo ao seu paso. Mentres, os personaxes deambulan pola paisaxe: unha moza, un home e un can. O debuxo é moi expresivo e de enorme beleza e ten unha enorme capacidade de transportar a un universo de poesía visual. A sesión será o vindeiro martes día 13 de decembro ás 20:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar e contaremos coa presenza da autora mediante vídeoconferencia. Se queres participar mediante videoconferencia, envía un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com Coincidindo co vixésimo aniversario da catástrofe do Prestige reunímonos o pasado día 15 de novembro na Biblioteca municipal para comentar o cómic A Conta atrás (editorial ecc), con guión de Carlos Portela e debuxado por Sergi San Julián. É a segunda vez que lemos esta obra no Lecturas Debuxadas, en xuño de 2009 só estaba a primeira parte, e nesta ocasión puidemos gozar da obra completa e coñecer, de primeira man, cales foron as vicisitudes que ocasionaron a enorme tardanza. A historia comeza un ano despois do accidente dun petroleiro que causou unha gran marea negra coa campaña publicitaria por parte do goberno autonómico anunciando a recuperación da costa e do sector pesqueiro. A partires de aí vanse contando todos os acontecementos en sentido inverso, aparecendo retratados todos os actores: mariñeiros, xornalistas, comerciantes e voluntarios. Contamos coa presenza dos autores que nos deron moitos datos que aportaron verosimilitude ao que, os que estabamos alí, recordabamos por telo vivido en primeirapersoa. Foi unha sesión moi interesante e é unha obra necesaria para recoller unha memoria colectiva que as novas xeracións descoñecen. [...]
09/11/2022Recentemente, acaba de publicarse a reedición do cómic A conta atrás na que se inclúe a primeira parte, publicada en 2008, a segunda parte, inédita ata agora, e un epílogo creado despois de coñecer a sentencia xudicial. Cóntase a historia do desastre do Prestige desde o punto de vista dos diferentes personaxes (mariñeiros, periodistas, políticos, activistas, voluntarios…) conformando unha visión ampla e reflexiva do ocorrido en novembro de 2002. A conta atrás, de Carlos Portela e Sergi San Julián, será a proposta do Club Lecturas Debuxadas deste mes: o martes, 15 de novembro, a partir das 20:00h, na Biblioteca municipal de Gondomar. Contaremos coa presenza dos autores e poderemos participar mediante videoconferencia (enviar correo a lecturasdebuxadas@gmail.com). No Lecturas Debuxadas comezamos a tempada con Soy la Malinche da viguesa Alicia Jaraba Abellán. Foi o martes 18 de outubro na Biblioteca Municipal, onde había 13 persoas e 3 máis por videoconferencia. Trátase dun relato intimista que ten como protagonista á Malinche, filla dun cacique nahua caído, que grazas ao seu dominio de varias linguas acabaría converténdose en intérprete e conselleira de Hernán Cortés con tan só 18 anos. Tanto para as persoas que coñecían o personaxe histórico como para aquelas que non sabían da súa existencia resultou unha lectura cautivadora e sorprendente. Unha visión poliédrica do choque cultural que supuxo a conquista de México e na que se poñen de manifesto moitos aspectos que teñen que ver coas mulleres, a comunicación, os afectos, a liberdade, a adaptación e a diversidade humana. Todo isto fuxindo dunha visión maniquea e reducionista. Alicia Jaraba incorporouse ao club na segunda hora e explicou como foi o proceso de creación da obra e deunos moitas claves para coñecer de maneira máis profunda á Malinche. [...]
14/10/2022O vindeiro martes, día 18 de outubro, abriremos a tempada no Club Lecturas debuxadas co cómic Soy la Malinche, de Alicia Jaraba Abellán. Trátase dun relato intimista que ten como protagonista á Malinche, filla dun cacique nahua caído, que grazas ao seu dominio de varias linguas acabaría converténdose en intérprete e conselleira de Hernán Cortés con tan só 18 anos. Será o martes, 18 de outubro, a partir das 20:00h, na Biblioteca municipal de Gondomar. Contaremos coa presenza da autora e poderemos participar mediante videoconferencia (enviar correo a lecturasdebuxadas@gmail.com). Para a derradeira sesión da tempada do Lecturas Debuxadas, escollemos “Oleg”, de Frederik Peeters. Un autor que repetiu no club despois de moito tempo, xa que o seu “Píldoras Azules” foi un dos primeiros cómics que se leron aquí. Despois de vinte anos, Peeters volve con outra obra autobiográfica, esta vez contada polo medio dun alias, e fala do seu momento da vida como creador, como parella e como pai. Pódese dicir que todo o que estaba naquel “Píldoras azules” volve estar: a tenrura, o detallismo, a gran capacidade narrativa e imaxinativa, pero todo mellorado por un debuxo moito máis maduro, máis preciso, con moitos máis recursos que, ás veces, parecen ilimitados: Peeters debuxa situacións, escenas e sentimentos cun abrumador e variadísimo dominio do debuxo, dos encadres e da composición de páxina. “Oleg” resulta ser unha BD redonda e excelente, onde as reflexións do autor sobre a vida, o futuro, a creación e a familia se intercalan de xeito elegante con anacos do seu día a día. Como é tradición tamén fixemos as recomendacións para as lecturas do verán e marchamos de vacacións cun bo feixe de cómics por ler. O Club Lecturas Debuxadas pechou unha etapa. Facendo reconto sae un bo feixe de lecturas, 124, durante 14 anos (2008-2022). Moitas grazas Óscar, moitas grazas Pablo e moitísimas grazas Félix por achegarnos ao mundo da banda deseñada e encher o noso club de “cadriños” que nos fixeron voar. Seguimos lendo e compartido e sumando lecturas a esa lista interminable. [...]
20/06/2022Oleg, de Frederik Peeters, é a última proposta desta tempada do Club Lecturas Debuxadas. Vinte anos despois de Píldoras Azules, que tamén lemos no club, Peeters volve falar de si mesmo e do seu proceso creador, aínda que agora o fai en terceira persoa, con máis liberdade para recrear a súa vida e o seu traballo. Será o martes 21 de xuño, a partir das oito da tarde, na Biblioteca Municipal de Gondomar. Tamén se poderá participar a través de videoconferencia (enviar correo a lecturasdebuxadas@gmail.com). Para o Lecturas Debuxadas do mes de maio, xuntámonos na Biblioteca de Gondomar o día 24, e falamos sobre “ Bo Tempo”, de Alberto Díaz. O cómic xira arredor da figura do pintor e ilustrador Reimundo Patiño, quen mesmo fixo algunha incursión no mundo da BD (Dúas viaxes, O home que falaba vegliota), pero máis que unha biografía, é un conxunto de anécdotas de Patiño e reflexións do autor sobre a súa obra. Moitas das anécdotas proceden da amizade de Reimundo co pintor León Díaz, tío do autor. É de destacar o ben que funciona a obra narrativamente, cun bo ritmo, avanza e conta sempre de xeito áxil e leva a unha lectura moi amena e gozosa, aínda que non se coñeza a obra de Reimundo Patiño ou non se teña nel especial interese. Apoiado nunha composición de páxina moi variada, o debuxo é áxil, nidio, máis caricaturesco que realista, pero logra, cando se precisa, unhas ambientacións moi emotivas. Os capítulos do libro, que foron improvisando segundo o autor tiña acceso a anécdotas ou material, quedan despois perfectamente ordenados, e a sensación de avance e progresión é moi satisfactoria. Alberto Díaz uniuse por videoconferencia na segunda hora, e contounos moito do proceso de creación, da súa relación con Reimundo, e é resultado do que con el falamos e nos contou. [...]