“Miñán”, no Sete Vidas

O próximo xoves 4 de maio o Sete Vidas reunirase para falar de Miñán, de Ibrahima Balde e Amets Arzallus Antia.

Ibrahima é un adolescente nacido nunha aldea de Guinea, sen expectativas de futuro. Cando lle morre o pai, convértese no cabeza de familia e exerce diversas profesións, pero o seu soño é ser condutor de camións. Porén, o seu irmán pequeno Alhassane foxe da casa para perseguir o soño europeo, e Ibrahima ten que arriscar a vida para atopalo antes de que embarque nunha pateira e convencelo de que volva á casa.

Será ás 20:00 h na Biblioteca Municipal de Gondomar e contaremos con Amets Arzallus a través de videoconferencia.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *