No Contomar de hoxe…

Este luns, 6 de febreiro, haberá máis contos no sofá vermello do Contomar. Coma sempre, comezamos ás 18:00 horas e o contacontos está aberto para todas as familias con nenos e nenas a partir de 3 anos que se queiran achegar á Biblioteca de Gondomar.

No Contomar da semana pasada estiveron canda nós 22 nenos e nenas, acompañados dos seus familiares, escoitando os contos que nos trouxeron Manuel, un dos antigos contadores ao que volvimos convidar para que nos lese “Pulga e Xigante”, e un  trío de mulleres formado por Marta, Xiana e Tania, unha nova lectora, que nos contaron “A noite das mudanzas” e “A figueira de Pelostortos” cunha posta en escena moi divertida.

Aquí pódense ver algunhas imaxes dese día: https://goo.gl/photos/pEUxe9pZg959aero6